RCD / #ANOSACASA

#ANOSACASA

Estadio ABANCA-RIAZOR. Abegondo. Praza de Pontevedra. Partidos. Adestramentos. Xestións. O RC Deportivo dispón de tres instalacións para desenvolver as abundantes actividades que xera un club de fútbol hoxe en día e nas que todos os seus traballadores dispoñen das maiores comodidades para desenvolveren os seus diferentes labores. O Club tamén explota comercialmente outros dous negocios, as Deportiendas, dedicadas á venda dos produtos oficiais do Deportivo, e a Deporclínica, onde calquera pode recibir servizos de fisioterapia por parte das mans que tratan os futbolistas profesionais.

RCD / Noticias
Filtros

Buscar
Reset

29/10/2016 11:37 |

CONCLÚEN AS OBRAS DE CAMBIO DO SISTEMA DE REGA E CÉSPEDE DO ESTADIO DE RIAZOR

Coa instalación das novas porterías removibles de Riazor e o primeiro pintado do terreo de xogo, onte pola tarde concluíron as obras de cambio do sistema de rega e césped do Estadio de Riazor. Os traballos, acometidos polo Real Club Deportivo e cun custo total de 218.984,42 euros, foron executados por Canarga (rebo), Calfensa Proxectos e Royalverd (nova instalación), empresa esta última que se encargará do mantemento da nova superficie do estadio deportivista.  

30/09/2015 17:06 |

CONCLÚEN AS OBRAS DE HABILITACIÓN DE ESPAZOS EXCLUSIVOS PARA DISCAPACITADOS EN RIAZOR

Esta semana concluíron no Estadio Municipal de Riazor as obras levadas a cabo polo Real Club Deportivo para ampliar, modernizar e construír os espazos necesarios para que os socios e afeccionados que acudan ao estadio en cadeira de rodas poidan dispor de todos os servizos necesarios. Ás 14 prazas habilitadas desde principio desta temporada nas confluencias de Tribuna e Pabellón Inferior (porta 27) para poder ver o partido sumaranse, desde o próximo encontro, novos aseos exclusivos para estes deportivistas.

1-7 de 7