RCD / #ANOSACASA / ABEGONDO

A Cidade Deportiva do RC Deportivo abriu as súas portas o 1 de maio de 2003 no concello coruñés de Abegondo, a 25 quilómetros do centro da cidade. Un concepto pioneiro onde o fútbol de elite convive día a día co fútbol afeccionado.

Dirección

Cidade Deportiva de Abegondo
Agra de Marces, San Tirso de Mabegondo,
15318 Abegondo, A Coruña
Teléfono: (+34) 981 647 941 Fax: (+34) 981 669 187

Localización 

Cidade Deportiva de Abegondo

Instalacións

· A Cidade Deportiva do RC Deportivo consta dun edificio principal que alberga os vestiarios, oficinas e cafetaría e que serve, á súa vez, de bancada, con 1.000 asentos cara ao campo principal e outros 300 na parte posterior, orientado ao campo de céspede artificial

· No andar superior do edificio sitúanse as oficinas, sala de prensa, cafetaría e aseos de público

· O andar inferior alberga os vestiarios, almacéns e cuartos de instalacións

· Dispón de preto de 9.000 metros cadrados de estacionamentos e zona de servizos

Campos

· 7 campos de céspede natural de medidas practicamente iguais a Riazor

· 1 campo de céspede artificial do tamaño de Riazor

· 6 campos de céspede natural de Fútbol 7

· Máis de 16.000 metros cadrados de campos auxiliares de céspede natural