RCD / #ANOSAFORZA / SOCIOS

SOCIOS

Queres facerte abonado do Deportivo e non sabes como?

Achégate ás billeteiras da Oficina de Atención ao Deportivista en Riazor e alí diranche que localidades están dispoñibles.

Que tes que traer?

Tan só nos fan falta o teu nome e apelidos, data de nacemento, DNI, enderezo e teléfono.

CARNÉS BONIFICADOS

MAIORES DE 65: Desconto do 20% sobre o Abono Normal da temporada. Aplicable en todas as localidades. Considerarase maior de 65 todo abonado con 65 anos ou máis no momento da expedición do carné. En caso de non acudir o titular do abono para renovar ou dar a alta, solicitarase DNI ou Fe de vida. Será obrigatoria a presentación do DNI no momento da expedición e a requirimento de calquera empregado do Club durante a temporada. A utilización do carné por persoas menores de 65 anos será motivo de retirada do mesmo, que só poderá ser recuperado, por parte do titular, abonando a diferenza entre o prezo do carné bonificado e o prezo do abono de temporada da bancada correspondente.

DISCAPACIDADE: Desconto do 20% sobre o Abono Normal da temporada a toda persoa quepadeza unha discapacidade igual ou superior a un 33%. Para obtelo debe presentar o certificado de discapacidade no momento de expedir o carné. En caso de necesitar acompañante (imprescindible certificado médico) aplicaráselle a este o mesmo desconto. A zona habilitada para abonados con mobilidade reducida en cadeira de rodas atópase situada en Tribuna Inferior Impar e aplicarase o desconto do 20% sobre o prezo do abono de Marathón Inferior.

DESEMPREGADO: Desconto do 30% sobre o Abono Normal da temporada. Aplicable a todas as localidades. Deberase presentar a tarxeta que certifica tal condición expedida polo SEPE e actualizada. O carné só poderá ser utilizado polo titular durante a temporada, polo que deberá presentar o DNI a requirimento de calquera empregado do Club, procedéndose á súa retirada en caso de uso indebido. Para recuperalo, o titular deberá abonar a diferenza entre o prezo do carné bonificado e o prezo do Abono de temporada da bancada correspondente.

SUB 25: Desconto do 40% sobre o Abono Normal da temporada. Aplicable en todas as localidades. Considérase Sub 25 a todo socio con 25 anos ou menos no momento de expedición do carné. Será obrigatoria a presentación do DNI no momento da expedición e a requirimento de calquera empregado do Club. A utilización do carné por persoas maiores de 25 anos será motivo de retirada do mesmo. Só poderá ser recuperado, por parte do titular, abonando a diferenza entre o prezo do carné bonificado e o prezo do Abono Normal de temporada da bancada correspondente.

ADN BRANQUIAZUL (SUB 15): Tarifa especial sobre o Abono Normal da temporada. Considérase ADN Branquiazul todo socio con 15 anos ou menos no momento de expedición do carné. O abono deberá ir sempre vinculado ao dun socio maior de idade. No momento de alta dun carné de ADN Branquiazul entregarase a asinar un documento ao socio maior de idade responsabilizándose da súa correcta utilización durante a temporada. A utilización do carné por persoas maiores de 15 anos será motivo de retirada do mesmo, que só poderá ser recuperado, por parte do titular, abonando a diferenza entre o prezo do carné bonificado e o prezo do abono de temporada da bancada correspondente.

BANCADA FAMILIAR: Abono especial para familias, que permitirá aos membros dunha mesma familia apoiar xuntos ao equipo. Mínimo 3 membros dunha mesma familia (pais-fillos/avós-netos). Dous tipos de pack: 2 adultos 1 neno, ou 1 adulto 2 nenos. Nenos ata 15 anos e un máximo de 3 nenos adicionais. O abono do/s neno/s irá sempre vinculado ao socio maior de idade. No momento da expedición dos carnés familiares entregarase a asinar un documento ao socio maior de idade responsabilizándose da súa correcta utilización durante a temporada. Imprescindible presentar o Libro de Familia para acreditar a relación de parentesco. A zona habilitada como Bancada Familiar áchase situada en Tribuna Inferior Lateral Par e Preferencia Superior Córner Par.

BANCADA PEÑAS DEPORTIVISTAS: Abonos especiais para as Peñas Deportivistas con prezos bonificados co obxectivo de que as Peñas poidan situarse conxuntamente para animar ao equipo. Número mínimo de membros dunha mesma Peña para acceder á bonificación: 3. Sobre a tarifa especial aplicarase o 20% de desconto se son entre 5 e 9 os membros dunha mesma Peña e o 30% de desconto se son 10 ou máis membros dunha mesma Peña. O Presidente da Peña será quen solicite os abonos. A zona habilitada como Bancada Peñas Deportivistas atópase situada en Preferencia Superior Córner Impar.

BANCADA ESTUDANTES: Abono especial estudantes (carné universitario), para gozar todos xuntos ao terminar as clases dos partidos do Dépor. Imprescindible presentar carné universitario do ano académico en curso no momento de expedir o abono. A zona habilitada como Bancada Estudantes atópase situada en Preferencia Superior Córner Par. A utilización do carné por unha persoa diferente do titular será motivo de retirada do mesmo, que só poderá ser recuperado, por parte do titular, abonando a diferenza entre o prezo do carné bonificado e o prezo do Abono Normal de temporada da bancada correspondente.

BANCADA SOLIDARIA: O Real Club Deportivo fiel ao seu compromiso solidario e co obxectivo de comunicar as innumerables accións de Responsabilidade Social que desenvolve ao longo do ano, crea a “Bancada Solidaria”, cunha capacidade de 250 localidades para axudar á integración social dos diferentes colectivos presentes na nosa cidade. O Club, cumprindo coa súa política de transparencia, fará pública en cada xornada a lista dos colectivos participantes. Só poderán solicitar ONGs, Fundacións ou Institucións sen ánimo de lucro que traballen a nivel local con colectivos desfavorecidos, saúde, infancia ou integración social. O protocolo completo de solicitudes xestiónase en responsabilidadsocial@rcdeportivo.es.

RENOVACIÓNS

ONLINE

Na páxina http://abonos.rcdeportivo.es as 24 horas do día poderán renovar abonos (salvo os bonificados como Desempregados, bancadas especiais, abonos mensuais e todo o que requira cambio de asento ou de localidade). Os carnés estarán dispoñibles desde 72 horas despois da súa xestión online na Deportienda (Estadio de Riazor, Rúa Manuel Murguía s/n) en horario de luns a sábado de 10.00 a 20.30 horas. Para a recollida do carné será necesario presentar o DNI ou o carné de abonado da pasada temporada do socio titular. Tamén pode seleccionar o envío a domicilio mediante servizo de mensaxaría, gastos de envío non incluídos.

TELÉFONO

Mediante o servizo telefónico de ABANCA, 902 434 443 todos os días de 08.00 a 22.00 horas, poderán renovar abonos (salvo os bonificados como Desempregados, bancadas especiais, abonos mensuais e toda renovación que requira cambio de asento ou de localidade). Os carnés estarán dispoñibles desde 120 horas despois da xestión na sucursal de ABANCA seleccionada polo abonado. Gastos de xestión non incluídos.

TRANSFERENCIA

Mediante ingreso na Conta do Real Club Deportivo, ABANCA ES72 2080 0063 42 3040031088 pódense renovar abonos (salvo os bonificados como Desempregados, bancadas especiais, abonos mensuais e toda renovación que requira cambio de asento ou de localidade), indicando nome, apelidos e DNI do abonado. Unha vez efectuado o ingreso, é imprescindible para facer efectiva a renovación enviar un correo electrónico a atencion.deportivista@rcdeportivo.es achegando o xustificante bancario, copia do DNI e sinalando os datos do abonado. Unha vez comprobados os datos, desde a Oficina de Atención ao Deportivista contactarase co socio titular para a entrega do carné.

DESPACHO DE BILLETES DA OFICINA DE ATENCIÓN AO DEPORTIVISTA

Pide a túa cita. Estreamos a plataforma de Cita Previa de abonos para evitar as longas colas de espera. Entra na páxina: citaprevia.canaldeportivo.com. Todos aqueles deportivistas que non soliciten cita previa terán que esperar que se liberen os postos no Despacho de billetes, pois prevalecerán aqueles que soliciten a cita previa.
En efectivo ou con tarxeta. Presentando o carné de abonado da Temporada 2015/2016 ou o DNI. En caso de aplicarse algunha nova bonificación, a documentación requirida en cada caso.

FORMAS DE PAGO

En efectivo ou con tarxeta: presentando o carné de abonado da Tempada 2015/2016 ou o DNI. En caso de aplicarse algunha nova bonificación, a documentación requirida
en cada caso.

Pago fraccionado: o carné pódese pagar mensualmente dividindo a cota anual entre 10 e abonando 12 recibos. A primeira cota cárgase a primeira semana de xullo de 2016. A domiciliación dos recibos é obrigatoria, presentando na Oficina de Atención ao Deportivista o documento requirido no momento da solicitude. Os abonos non incluídos no pagamento fraccionado son: Bancada Familiar, Bancada Peñas, Bancada Estudantes e carnés bonificados co desconto de Desempregados, Socio Amigo e Nen@ Dépor.

HORARIO DO DESPACHO DE BILLETES DA OAD: 

De luns a venres de 10.00 a 13.30 e de 16.30 a 19.00 horas.