RCD / NOVAS

O Dépor comezará o ano 2017 con 26.069 socios

30/12/2016 19:40

Coas altas das últimas horas na Oficina de Atención ao Deportivista de Riazor, o Real Club Deportivo superou hoxe os 26.000 socios. O Dépor conta, a peche de 2016, con 26.069 abonados que xa dispoñen do seu carné para gozar de todos os partidos de LaLiga e Copa do Rei que se disputen en Riazor desde o próximo día 3 e ata o final de temporada.

Ademais, todos os socios que se deron de alta nos últimos días aproveitaron os descontos nos prezos para poder asistir aos partidos que lle restan ao Dépor en casa.

A partir do luns pódense seguir comprando abonos do Deportivo, un bo agasallo de Reyes, na Oficina de Atención ao Deportivista de Riazor no seu horario habitual de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 h. de luns a venres.