Partido once para once en Abegondo como preparación da visita á UD Las Palmas
Un partido once para once no campo 3 de Abegondo, a porta pechada, foi o exercicio principal esta mañá para o primeiro equipo. Gaizka Garitano prepara así a visita do Deportivo á UD Las Palmas deste venres 20 de xaneiro no Estadio de Gran Canaria (20:45, Gol TV).
Participaron tamén os fabrilistas Óscar, Quique Fornos, Lucas e Jardel.
Faltou Borja Valle, con permiso para viaxar a Elche; ademais de Fayçal, concentrado con Marrocos na Copa de África.
Mañá xoves, o equipo adestrarase en Abegondo ás 10:30, na última sesión antes de viaxar ás Illas Canarias.