RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Garitano: "É lóxico que a xente non estea contenta"

O adestrador deportivista, Gaizka Garitano, admitiu que se atopa "nunha situación difícil", que era consciente de que era un partido que "se ía a decidir por un gol" e recoñeceu que "é lóxico" como reaccionou o público tras a derrota ante o Alavés.

"Era un partido crucial, é un momento moi duro", lamentou Garitano, que destacou sobre o xogo do seu equipo que "no primeiro tempo estivemos ben, tivemos as ocasións para marcar pero non fixemos gol. E no segundo tempo estivemos peor, sobre todo por mor de que nos fixeron o gol".

"Sabiamos que o partido se ía a decidir por un gol e caeu ao lado deles", comentou o técnico branquiazul, que recoñeceu que está "nunha situación difícil, cando o equipo non gaña é o que pasa".

Sobre a reacción do público, Garitano afirmou que "é lóxico que a xente non estea contenta porque non estamos a gañar". O preparador deportivista reflexionou sobre o que queda por diante. "Agora só queda levantarche. Cando che pegan un golpe como o de hoxe só queda seguir adiante, saber que temos que ir a Leganés a xogar unha final", aseverou.

Pola súa banda, Mauricio Pellegrino, técnico do Alavés, destacou os problemas que lles creou o Dépor na primeira metade e celebrou a solidez que mostraron os seus pupilos na segunda metade para levar os tres puntos.

"Foi un partido moi disputado, moi difícil. O Dépor creounos moitos problemas na primeira parte cos seus xogadores entre liñas e cos centros. Na segunda estivemos máis sólidos, controlamos mellor a situación e aproveitamos a situación para levarnos o partido", analizou o preparador arxentino do conxunto alavesista, que sobre o penalti sinalado e outro que reclamaron os seus xogadores posteriormente dixo que "a priori pareceu unha acción máis clara a segunda que a primeira".