RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Carles Gil será intervido o vindeiro luns no Porto

O xogador deportivista Carles Gil presenta un síndrome pubálxico que despois dun período suficiente de repouso deportivo, tratamento de fisioterapia e readaptación ao fútbol de alta esixencia ao que foi sometido non se resolveu.

Os Servizos Médicos do Club, xunto a outros especialistas consultados, consideran esgotada a vía do tratamento conservador. Realizados os estudos e consultas pertinentes, propúxose ao xogador realizar unha corrección cirúrxica completa.

A intervención cirúrxica realizarase en Porto (Portugal) o vindeiro luns 11 de setembro. A operación será levada a cabo polo Dr. Carlos Magalhães, experto nesta patoloxía en fútbol (FC Porto), acompañado do Dr. Rafael Arriaza (RC Deportivo).

Despois da cirurxía, o xogador realizará rehabilitación, readaptación, e volta progresiva aos esforzos deportivos ata a súa completa recuperación.

Carles Gil, ao atoparse de permiso con motivo do preoperatorio, non estará na presentación das novas fichaxes, esta tarde a partir das 19:00 horas no Estadio ABANCA-RIAZOR.