RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

545 dos 691 socios de prata xa retiraron a súa acreditación para a gala de entrega de insignias

Ao peche da Oficina de Atención ao Deportivista este mércores, 545 dos 691 homenaxeados polos seus 25 anos ininterrompidos como socios do RC Deportivo xa retiraron a súa acreditación para acceder directamente ao salón no que se celebra a gala.

As galas anuais de entrega de Insignias de Ouro e Prata correspondentes á Temporada 2016-2017 terán lugar mañá xoves 15 de xuño, cun acto para os socios que cumpren 50 anos de antigüidade ininterrompida no Hotel Meliá María Pita e outro para os abonados que alcanzan os 25 anos no Palacio de Exposicións e Congresos da Coruña.

O RC Deportivo quere, deste xeito, recoñecer e agradecer o apoio incondicional ao Club e ao equipo por parte destes socios, como vén facendo desde fai varios lustros.

A Gala de Entrega de Insignias de Ouro, á que cada un dos 15 homenaxeados asistirá con, polo menos, un acompañante, terá lugar no Hotel Melía María Pita (Avenida Pedro Barrié da Maza, 3), a partir das 14:00 horas. Unha vez concluída a entrega de insignias compartirán unha comida.

Os homenaxeados polo seu medio século de fidelidade tamén terán protagonismo pola tarde-noite, xa que tamén están convidados á Gala de Entrega de Insignias de Prata, que se celebrará no Palacio de Exposicións e Congresos da Coruña (Palexco) a partir das 20:00 horas.

Serán 691 os abonados que recibirán a súa insignia de prata, nun acto para o que se abrirán as portas ás 19:00 horas. Para axilizar a súa chegada, os homenaxeados poden retirar a súa acreditación como 'Socio de Prata' na Oficina de Atención ao Deportivista situada en Riazor (Avenida da Habana s/n), mañá xoves, unicamente en horario de mañá (10:00 a 13:30 horas), ou ben pola tarde desde as 19:00 en Palexco.

Debido ao elevado número de socios que recibirán as insignias, o acto está excluvisamente reservado aos homenaxeados, non sendo posible acudir con acompañante. Ao finalizar o acto servirase un cóctel.

Consulta aquí a listaxe completa de Socios de Ouro e Prata 2017 do Real Club Deportivo