Xa está aberto o prazo para Destino Abegondo e Destino Arteixo, ambos os equipos xogan en casa o vindeiro domingo 10 setembro (contra o Real Madrid Castilla e o Atlántida Matamá, respectivamente).
As rutas propostas en cada un dos Destinos son as seguintes:
Destino ABEGONDO: Deportienda Riazor - Praza de Ourense - Alfonso Molina (Praza de Madrid, fronte Estación Autobuses) - Cidade Deportiva de Abegondo.
Destino ARTEIXO: Deportienda Riazor - Praza de Ourense - Glorieta Estación Tren - Ponte dos Brozos, Arteixo.
En ambos os destinos, a saída desde a Deportienda de Riazor realizarase unha hora antes do momento fixado para o inicio de partido e o regreso terá lugar 15 minutos despois de finalizado o encontro.
Podes inscribirte a través desta ligazón.
Xornada de Destino Abegondo e Destino Arteixo:
Apertura de prazo inscrición para ambos os casos: desde o 30 de agosto de 2017
- Peche de prazo de inscrición para ambos os casos: mércores 6 de setembro de 2017.
- Mínimo 30 persoas para activarse a ruta e máximo 55. Segundo demanda axustarase o número de autobuses.
- Custos: socios gratis. Non Socios : 12€ entrada incluída.
- Publicación rutas activadas e horarios definitivos: xoves 7 de setembro de 2017.