RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Alfonso Álvarez Izquierdo e Elena Casal Fernández, árbitros do Trofeo Teresa Herrera

Alfonso Álvarez Izquierdo, do colexio catalán, será o encargado de dirixir a LXXII edición do Trofeo Teresa Herrera que mañá sábado 5 de agosto disputarán no Estadio ABANCA-RIAZOR o Deportivo e o West Bromwich Albion inglés, a partir das 20:30 horas.

O colexiado catalán dirixiu a pasada temporada ao Dépor en dúas ocasións: a derrota en Vigo (4-1) e o empate en casa ante o Betis (1-1).

Antes, ás 18:00 horas, Elena Casal Fernández, do Colexio Galego, arbitrará o V edición do Trofeo Teresa Herrera feminino entre o Deportivo ABANCA e o Athletic Club.

Unicamente venderanse entradas de público para catro localidades: Tribuna Superior, Tribuna Inferior, Preferencia Superior (todas a 20 euros) e Marathón Superior (10 euros).

As entradas para o decano dos trofeos de verán estarán en venda hoxe venres (de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas) e mañá sábado (desde as 11:00 en horario ininterrompido ata que arranque o partido do Deportivo) unicamente nos despachos de billetes do Palacio dos Deportes.