RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Ampla oferta de lecer e restauración para os asistentes ao XIV Torneo Real Club Deportivo

O XIV Torneo Real Club Deportivo, que se disputará mañá na Cidade Deportiva de Abegondo, contará cunha ampla oferta de lecer e restauración para que aos asistentes non lles falte de nada durante a disputa dos partidos, que se alongará por espazo de máis de 12 horas, entre as 9:00 e as 21:30 horas.

Debido a que se espera que polas instalacións do RC Deportivo pasen ao longo do día máis de 10.000 persoas, os asistentes terán á súa disposición unha zona de recreo e restauración, que ocupará boa parte do terreo de xogo de herba artificial da Cidade Deportiva de Abegondo. Nela poderán gozar de todo tipo de comidas e de diversos xogos.

Para xantar, comer, merendar ou cear, os asistentes terán á súa disposición oito 'foodtrucks', nos que se poderán adquirir burritos, nachos, hamburguesas, pizzas, polos asados, empanada, xeados, gominolas ou zumes.

Os restauradores que estarán na Cidade Deportiva de Abegondo a disposición dos asistentes son os seguintes: El Chef Nómada (hamburguesas), Toloache (comida mexicana), Lacón Lover (lacón fusión asiático-mexicana), Delapiccola (pizzas), La Pepita (hamburguesas), Don Pollo (polos asados), Helados La Ibi (xeados e lambetadas) e Le Boisson (cócteis e zumes).

Nunha soa carpa, á entrada do terreo de herba artificial, centralizarase a venda de todo tipo de bebidas, pois os 'foodtrucks' unicamente servirán comida.

Ademais da oferta gastronómica, Coca Cola e Cabreiroá porán bebidas isotónicas, refrescos e auga a disposición dos máis de 3.000 nenos participantes no torneo.

Aquí podes consultar os prezos dos servizos de restauración durante o Torneo