RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Ascende a 423 o número de socios de prata que xa teñen a súa acreditación para a gala deste xoves

A falta de dous días para a entrega anual de insignias, 423 dos 691 homenaxeados polos seus 25 anos ininterrompidos como socios do RC Deportivo xa retiraron a súa acreditación para acceder directamente ao salón no que se celebra a gala.

As galas anuais de entrega de Insignias de Ouro e Prata correspondentes á Temporada 2016-2017 terán lugar o vindeiro xoves, cun acto para os socios que cumpren 50 anos de antigüidade ininterrompida no Hotel Meliá María Pita e outro para os abonados que alcanzan os 25 anos no Palacio de Exposicións e Congresos da Coruña.

O RC Deportivo quere, deste xeito, recoñecer e agradecer o apoio incondicional ao Club e ao equipo por parte destes socios, como vén facendo desde fai varios lustros.

A Gala de Entrega de Insignias de Ouro, á que cada un dos 15 homenaxeados asistirá con, polo menos, un acompañante, terá lugar no Hotel Melía María Pita (Avenida Pedro Barrié da Maza, 3), a partir das 14:00 horas. Unha vez concluída a entrega de insignias compartirán unha comida.

Os homenaxeados polo seu medio século de fidelidade tamén terán protagonismo pola tarde-noite, xa que tamén están convidados á Gala de Entrega de Insignias de Prata, que se celebrará no Palacio de Exposicións e Congresos da Coruña (Palexco) a partir das 20:00 horas.

Serán 691 os abonados que recibirán a súa insignia de prata, nun acto para o que se abrirán as portas ás 19:00 horas. Para axilizar a súa chegada, os homenaxeados poden retirar a súa acreditación como 'Socio de Prata' na Oficina de Atención ao Deportivista situada en Riazor (Avenida da Habana s/n), mañá mércores, en horario de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas. O mesmo xoves xa só en horario de mañá na propia OAD e pola tarde desde as 19:00 en Palexco.

Debido ao elevado número de socios que recibirán as insignias, o acto está excluvisamente reservado aos homenaxeados, non sendo posible acudir con acompañante. Ao finalizar o acto servirase un cóctel.

Consulta aquí a listaxe completa de Socios de Ouro e Prata 2017 do Real Club Deportivo