RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSAFORZA

Bancadas esgotadas para altas de abonos 2017. Os mellores partidos aínda están por chegar!

Coas novas altas de abonos tras a actualización de prezos, ata 6 bancadas completaron xa a súa capacidade para novas altas de abonados (26.324 actualmente). É o caso de toda a bancada de Pavillón (Superior, Curva Superior, Inferior e Curva Inferior), Marathón Inferior e Preferencia Inferior.

Desde o decembro de 2016 os abonos do Real Club Deportivo actualizan os seus prezos para gozar de todos os partidos de 2017 (ata o 30 de xuño) en Riazor. Coas visitas aínda pendentes do Celta, Barça, Real Madrid e Atlético, ademais do resto de encontros da segunda, pódese conseguir un abono do Deportivo desde 150 e ata 430 euros.

Ademais, en caso de sub-25, ADN Branquiazul, e outros carnés bonificados (estudantes, penas, familias, discapacitados ou maiores de 65) os prezos fluctúan entre os 75 e os 345 ?. Unha gran oportunidade de gozar do mellor fútbol en Riazor aos mellores prezos.


Os abonos poden comprarse na Oficina de Atención ao Deportivista de 10.00 a 13.30 e de 16.30 a 19.00 h. de luns a venres.