RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Borges pide unidade "na vitoria e na derrota"

O capitán do Deportivo, Celso Borges, compareceu ante os medios de comunicación esta mañá na sala de prensa de Abegondo.

O internacional costarriqueño pide unidade: "Sempre temos que estar xuntos na vitoria e na derrota. É moi difícil asimilar responsabilidades na derrota, pero hai que ter coraxe e saber aceptalas".

Insiste en que "xuntos como estamos cando as cousas non van tan ben, tamén estaremos cando melloren. Somos un equipo e aquí o beneficio dun termina sendo o beneficio de todos".

Matiza o seu concepto de liderado no terreo de xogo, preguntado sobre iso: "Hai distintas maneiras de liderar. Non por pegar sete berros ao aire significa que estou a liderar ou que se demostra algún tipo de líder. Cada un dentro da súa parcela ten que asumir a responsabilidade e ser un pequeno líder dentro do que pode facer".

Celso Borges recomenda tranquilidade: "É moi pronto aínda para dicir que outra vez pasa o mesmo. Temos que levar isto obxectivo a obxectivo. Primeiro facer os puntos que nos manteñan na división e logo a partir de aí ir buscando a melloría. De parte nosa está bastante claro. Que nos está custando un pouco máis gañar, é verdade. Non por iso quere dicir que non vai chegar. Chegará se mantemos esa actitude e esa disposición ao traballo que temos. Faltan 34 partidos. Imos tentalo e que se dea o máis rápido posible".

Por diante Alavés e Espanyol, defíneo o mediocentro deportivista como "partidos importantes. E sobre todo que o próximo partido é a tres días. É ao que nos temos que sacar o tres puntos. Despois de aí, marcar unha tónica de temporada ou non, vaino a ditar a nosa intensidade á hora de xogar, a nosa maneira de ver as cousas, sen caer en pesimismos".