RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Calendario de #ANOSACANTEIRA, co triunfo do Infantil A esta tarde en Liga Galega

Tres partidos de liga de #ANOSACANTEIRA adiántanse á fin de semana. Son os do Cadete B (mañá mércores na 1ª xornada da Liga Galega, grupo 1º), Infantil A (triunfo por 7-0 esta tarde na 1ª xornada da Liga Galega, grupo 1º) e Infantil B (mañá mércores na 2ª xornada da Primeira Autonómica, grupo 1º) .

Para o partido do Cadete B e Infantil B de mañá mércores, o público ten libre acceso á Cidade Deportiva.

Arrancan tamén a liga a fin de semana, en Arteixo o Deportivo ABANCA B; e lonxe de Abegondo o Xuvenil B (Liga Nacional) e Cadete A (División de Honra).

Por outra banda, un equipo Infantil do Deportivo compite esta semana en Italia, na Ravenna Top Cup 2017.

O conxunto deportivista quedou encadrado no grupo D, co Rhodense, Altinordu FK (Turquía), San Giorgio 1926, Forlì FC e Juventus.

Finalmente, o Fabril recibe en Abegondo (domingo ás 19:00) ao Real Madrid Castilla na 4ª xornada de liga en Segunda División B e o Xuvenil A visita ao Real Oviedo o sábado 9 (14:00 horas), nun partido televisado en directo por Gol.

O calendario de partidos que arrancaron hoxe martes é o seguinte:

Segunda División B
4ª xornada, FABRIL - REAL MADRID CASTILLA, o domingo 10 de setembro ás 19:00 en Abegondo (campo 1)

Clasificación: ... 8. Racing de Ferrol, 5 puntos; 9. Real Madrid Castilla, Fuenlabrada e Fabril, 4 puntos; 12. Coruxo, 3 puntos...

Categoría feminina
Primeira División Feminina, 1ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - ORZÁN, o domingo 10 de setembro ás 19:00 en Ponte dos Brozos (Arteixo)

Categoría xuvenil
División de Honra, grupo 1º, 2ª xornada: REAL OVIEDO - XUVENIL A, o sábado 9 de setembro ás 14:00 en El Requexón (Oviedo)

Liga Nacional, 1ª xornada: BOIRO - XUVENIL B, o sábado 9 de setembro ás 17:00 en Vista Alegre (Boiro)

Categoría cadete
División de Honra, 2ª xornada: VAL MIÑOR NIGRÁN - CADETE A, o sábado 9 de setembro ás 16:00 en Condomínguez (Nigrán)

Liga Galega, grupo 1º, 1ª xornada: CADETE B - XUVENTUDE DE OROSO, o mércores 6 de setembro ás 19:00 en Abegondo (campo 6)

Categoría infantil
Liga Galega, grupo 1º, 1ª xornada: INFANTIL A 7 (Sergio -2-, Hugo Baldomar -2-, Quique, Roque e Trigo) - IMPERÁTOR 0

Primeira Autonómica, grupo 1º, 2ª xornada: ATLÉTICO ARTEIXO - INFANTIL B, o mércores 6 de setembro ás 17:30 en Ponte dos Brozos (Arteixo)

Ravenna Cup 2017, en Classe (vía Ravenna nº 120)
Primeira Fase
Mércores 6 de setembro
19:00: ALTINORDU - INFANTIL

Xoves 7 de setembro
10:30: INFANTIL - FORLÌ FC
16:00: INFANTIL - RHODENSE

Venres 8 de setembro
10:00: SAN GIORGIO 1926 - INFANTIL
16:30: INFANTIL - JUVENTUS

A partir de aquí, a orde de clasificación determinará os emparellamentos na Fase Final, que se disputará o sábado 9 de setembro e domingo 10.