RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Comeza a conta atrás para o debut ligueiro ante o Real Madrid

O Deportivo iniciou esta mañá a conta atrás para o debut ligueiro ante o Real Madrid, este domingo 20 de agosto no Estadio ABANCA-RIAZOR (22:15, Movistar Partidazo).

Cos fabrilistas Óscar, Edu Expósito e Francis, houbo un traballo preventivo no ximnasio e xa sobre o céspede rondos, un exercicio de posesión e un partido a campo completo.

Adestrouse Carles Gil co readaptador Fran Molano e Andone estivo cos fisioterapeutas, a consecuencia dunha molestia na rexión inguinal dereita, pendente de avaliación médica. Juan Domínguez, con permiso, ausentouse esta mañá da Cidade Deportiva.

O equipo volve de novo ao traballo esta tarde ás 19:00 horas en Abegondo.