RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Configurado o cadro do Benxamín B da Temporada 2017-2018

Despois dunha serie de adestramentos na Cidade Deportiva de Abegondo e a participación nalgún torneo amigable, o Club configurou o seu Benxamín B para a vindeira Temporada 2017-2018.

Á espera de confirmar o corpo técnico que dirixirá o equipo, o cadro estará formado por estes xogadores:

Adrián Caaveiro, Christian Cabanas e Pablo Ronquete (procedentes do CD Calasanz), Sergio Romero (Oza Juvenil), Aarón Grueso (Rápido de Neda), Gael Irimia (Sarriana), Ioan Precup (Silleda), Jorge Nicolás, Paulo Fernández e Yago Vázquez (Ural), Adrián Curto, Mauro Valerio e Yago Trigo (Victoria) e Uxío Trillo (Villestro).