RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Empate do Cadete A en Nigrán, na primeira xornada da División de Honra

Val Miñor Nigrán e Cadete A repartíronse os puntos (3-3) no primeiro partido da División de Honra. Fito, Peke e Mario foron os autores dos goles branquiazuis nun disputado encontro, que puido caer para calquera dos dous bandos.

Cadete A: Íker, Fito, Landeira, Roque, Añón, Pablo Martínez, Peke, Rares, Pol, Concheiro e Juanma. Tamén xogaron: Do Carmo, Manu, Mario, Portas e Juan.

O vindeiro sábado 16 de setembro, o Cadete A recibe en Abegondo ao Bergantiños CF.