RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Esgotadas todas as localidades para o Dépor-Mallorca do xoves en ABANCA-RIAZOR

Coas entradas despachadas ao longo do día de hoxe na OAD, as DéporTiendas de ABANCA-RIAZOR e Marineda City, ademais da canle online, esgotáronse todas as localidades dispoñibles para o Deportivo-Mallorca do xoves ás 21:00 horas en ABANCA-RIAZOR.

Cabe a posibilidade de que se dispoñan nas próximas horas algunhas entradas anexas á bancada visitante, unha vez que os afeccionados do Real Mallorca confirmen cantas adquiren das 650 postas a disposición dos seguidores do conxunto mallorquino, o que se comunicará oportunamente polas canles oficiais do Real Club Deportivo.

O Real Club Deportivo lembra a todos os deportivistas que compraron as súas entradas online, que pasen a retiralas coa maior antelación posible nos puntos de venda física sinalados para evitar colas de última hora antes do inicio do partido: Oficina de Atención ao Deportivista (Estadio ABANCA-RIAZOR, avenida de La Habana s/n) martes e mércores de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas. O xoves, día de partido, as entradas estarán dispoñibles desde as 11:00 e até o inicio do encontro de maneira ininterrompida nos despachos de billetes do Palacio dos Deportes.