RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Falece García-Verdugo, ex xogador e ex adestrador do RC Deportivo

García-Verdugo, segundo de pé pola esquerda, formando co Dépor o 20 de novembro de 1966 en Riazor ante o Sevilla

Francisco Javier García-Verdugo Garrido, xogador deportivista nos anos 60 e adestrador branquiazul a finais dos 70, faleceu hoxe no seu domicilio de Talavera de la Reina (Toledo), aos 82 anos de idade.

Nacido o 6 de xullo de 1934 en Madrid, García-Verdugo xogou 88 partidos en Primeira División, 9 deles co RC Deportivo, na campaña 1966-1967, temporada que se lembrará a próxima semana na Gala de Entrega de Insignias de Ouro aos socios que cumpren 50 anos ininterrompidos como abonados do Club. García-Verdugo chegou ao RC Deportivo procedente do Valencia, no que cumpriu unha fenomenal campaña que llevouno á preselección de España para o Mundial de Inglaterra de 1966, ao que finalmente non puido acudir por lesión.

Ademais de no cadro coruñés e no 'ché', García-Verdugo, que xogaba como defensa, militou en Atlético de Madrid, Logroñés, Real Zaragoza, Xerez, Cádiz, Valladolid e Sabadell.

García-Verdugo, ademais, adestrou ao RC Deportivo durante a Temporada 1979-80, en Segunda División. O madrileño dirixiu ao equipo durante os primeiros 30 encontros daquel curso, sendo destituído tras perder en Valladolid (1-0) e substituído por Joseíto.

Antes de comandar ao Dépor, García-Verdugo foi técnico de Tenerife, Córdoba, Gimnàstic de Tarragona, Rayo Vallecano (co que conseguiu o seu histórico primeiro ascenso a Primeira División) e Osasuna.

Ao ser xogador e adestrador do RC Deportivo, García-Verdugo forma parte dunha exclusiva lista de 17 nomes, que comparte con Hilario Marrero, Chacho, Pepe Torres, Cuqui Bienzobas, Waldo Botana, Fernando Fariña, Rodrigo García Vizoso, Pahíño, Zubieta, Lelé, Dagoberto Moll, Cheché Martín, Arsenio Iglesias, Carlos Torres, Luis Suárez e Víctor Sánchez del Amo.

A capela ardente foi instalada no tanatorio Hermanos Agüero, de Talavera, en cuxa igrexa terá lugar o funeral 'corpore in sepulto' este sábado, ás 11:45 horas, despois do cal recibirá cristiá sepultura no cemiterio talaverano.

O RC Deportivo quere mostrar o seu máis sentido e sincero pésame á familia García-Verdugo e aos seus ex compañeiros. DEP.