Gaël Kakuta realizou esta mañá o primeiro adestramento na cidade deportiva de Abegondo.
O novo atacante deportivista está cun plan de readaptación deportiva e adestrouse ás ordes de Fran Molano, xunto a Carles Gil e Bruno Gama.
Ola John realizou unha parte da sesión co grupo e a outra co readaptador.
Podes consultar aquí o estado físico do persoal deportivista.