RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Laura Vázquez é a quinta incorporación do Dépor Abanca

Laura Vázquez López (Vigo-Pontevedra, 20 de febreiro de 2000), coñecida deportivamente como Laura Vázquez, é a quinta cara nova do Deportivo Abanca para afrontar a Temporada 2017-2018, a segunda campaña da historia do conxunto feminino branquiazul.

Laura Vázquez xoga como defensa central e chega procedente do Atlántida de Matamá, cuarto clasificado no grupo 1º de Segunda División Nacional, a mesma liga na que o Dépor Abanca colleitou o subcampionato.

A central, que mide 1,64 metros e pesa 65 quilos, comezou a xogar aos 5 anos co Santa Mariña, equipo co que, en 2010, conquistou o Torneo Real Club Deportivo de categoría Benxamín, que a Cidade Deportiva de Abegondo acollía por sétima vez. Seleccionada galega nas categorías Sub-16 e Sub-18, con posterioridade militou nos primeiros cadros do El Olivo e Valladares, antes de recalar o pasado verán no Atlántida de Matamá.

Coa incorporación de Laura Vázquez, o técnico deportivista, Manu Sánchez, ten nas súas mans a 19 futbolistas: Anita, Estefi, Miriam, María Corral, Nuria, Raquel, Tere Abelleira, Kika Moreno, Gaby García, Cris, Lía, Malena, Miga, Gere, Silvia Mérida, Peke, Patri Rúa, Iris e Laura Vázquez.