RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Macron, patrocinador técnico do Real Club Deportivo 2017-2021

O Real Club Deportivo e Macron asinaron hoxe o acordo que une ao Dépor coa compañía de Bolonia ata o ano 2021.

O Real Club Deportivo, que esta tempada celebra os seus 110 anos de historia e é un dos clubs máis importantes de fútbol español, aumentará significativamente a presenza da marca, líder en Europa no sector do team wear, no mercado español.

Segundo o último informe anual da UEFA "The European Club Footballing Landscape. Club Licensing Benchmarking Report Financial Year 2015" Macron é a cuarta marca de Europa en número de Federacións e Clubs dos que é provedor técnico con 15 equipos e 1 federación. O Deportivo únese así aos outros grandes clubs do fútbol que visten Macron: S.S. Lazio, Bologna FC 1909 e Cagliari Calcio en Italia - OGC Nice en Francia - Sporting Clube de Portugal e Vitoria Sport Clube en Portugal - Levante U.D. en España - Crystal Palace e Stoke City en Inglaterra - Miami F.C. en USA, CA Lanús en Arxentina ou Santiago Wanderers en Chile.

Macron proporcionará todas as pezas de xogo, adestramento, paseo, rúa e complementos dos 15 equipos do Real Club Deportivo a partir da próxima temporada. O equipo de deseño de Macron e do Deportivo comezan a traballar desde este momento en estreita colaboración para crear unha colección única e exclusiva para o Club seguindo a liña de imaxe, marca e identidade do Dépor coas achegas do estilo italiano.