RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Mañá plácida do Infantil A en A Barcala

O Infantil A logrou o tres puntos na Barcala ante o Once Caballeros (1-15) sen ningún tipo de contratempo. Hugo Baldomar -3-, Rubén, Sergio, Álex González, Trigo -2-, Xosé, Zerfu, Roque -3-, Iván e Hugo García foron os autores dos goles branquiazuis nun partido sen historia.

Desta forma, o conxunto deportivista sumou 6 puntos de 6 posibles e se aúpa ao liderado da táboa.

Infantil A: Lemos, Matías, Rubén, Zerfu, López, Hugo García, Roque, Álex González, Lombao, Trigo e Iván. Tamén xogaron: Manu, Sergio, Hugo Baldomar, Xosé e Eloi.

O próximo fin de semana, o Infantil A recibe ao Racing de Ferrol.

Os resultados ata a data do equipo que prepara Iván Vázquez son os seguintes:

Infantil A 7 (Sergio -2-, Hugo Baldomar -2-, Trigo, Quique e Roque) - Imperátor 0
Once Caballeros 1 - Infantil A 15 (Hugo Baldomar -3-, Rubén, Sergio, Álex González, Trigo -2-, Xosé, Zerfu, Roque -3-, Iván e Hugo García)