RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Cadete A estrea o casilleiro de vitorias cunha goleada

O Cadete A inaugurou a súa táboa de vitorias na División de Honra cunha contundente goleada (8-0) ao Bergantiños en Abegondo, con tantos de Rares, Roque, Peke, Juanma -2-, Aye, Pol e Mario.

Con este resultado da 2ª xornada ligueira, o conxunto deportivista suma 4 puntos de 6 posibles e sitúase na zona media-alta da clasificación.

Cadete A: Íker, Roque, Añón, Landeira, Juan, Pablo, Rares, Mario, Concheiro, Do Carmo e Pol. Tamén xogaron: Manu, Peke, Juanma, Aye e Fito.

O próximo fin de semana, o Cadete A visita ao Racing de Ferrol.

Os resultados ata a data do equipo que prepara Luís Jiménez son os seguintes:

Val Miñor 3 - Cadete A 3 (Fito, Peke e Mario)
Cadete A 8 (Rares, Roque, Peke, Juanma -2-, Aye, Pol e Mario) - Bergantiños 0