RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor incide no traballo defensivo esta mañá en Abegondo

Coa presenza do meta fabrilista Francis, o primeiro cadro do Deportivo incidiu esta mañá no traballo defensivo, cara ao choque ante Betis deste sábado 16 de setembro (18:30 horas, Bein LaLiga) no Benito Villamarín.

Así, tras un quecemento con balón, Pepe Mel dispuxo de varios exercicios de defensa: de centros laterais, de ataque posicional e de saque do porteiro.

Non estiveron co grupo hoxe Carles Gil, xa en repouso no seu domicilio tras ser operado o pasado luns en Porto; e Rubén, que se adestra diariamente co readaptador Fran Molano.

Mañá xoves, Pepe Mel citou ao seu cadro ás 10:30 horas en Abegondo.