RCD / NOVAS

O Dépor visitará Ipurua o domingo 15 de outubro ao mediodía

11/09/2017 11:37

LaLiga fixo públicos os horarios da 8ª xornada de LaLiga Santander 2017-2018, na que o Dépor visitará ao Eibar.

O choque fronte ao equipo guipuscoano no estadio de Ipurua disputarase o domingo 15 de setembro ás 12:00 horas, coas cámaras de Bein LaLiga como testemuñas.

Os horarios dos próximos partidos oficiais xa confirmados do Dépor son:

Xornada 4
Sábado 16 de setembro, 18:30 horas, Estadio Benito Villamarín, Betis - Deportivo (Bein LaLiga)

Xornada 5
Mércores 20 de setembro, 21:00 horas, Estadio ABANCA-RIAZOR, Deportivo - Alavés (Gol)

Xornada 6
Domingo 24 de setembro, 12:00 horas, RCDE Stadium, Espanyol - Deportivo (Bein LaLiga)

Xornada 7
Sábado 30 de setembro, 13:00 horas, Estadio ABANCA-RIAZOR, Deportivo - Getafe (Bein LaLiga)

Xornada 8
Domingo 15 de outubro, 12:00 horas, Ipurua, Eibar - Deportivo (Bein LaLiga)