RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Deportivo ABANCA B dá a cara en Vigo ante o Valladares

O Deportivo ABANCA B plantou batalla en Vigo ante un dos 'grandes' da categoría, o CCAR Valladares e caeu pola mínima (1-0), cun tanto vigués que chegou no minuto 80.

O partido foi igualado e moi disputado, e decidiuse por esa acción na recta final do choque.

Con este resultado, o Deportivo ABANCA B suma 3 puntos de 6 posibles, na zona media da clasificación da Primeira División Autonómica.

Deportivo ABANCA B: Jessi, Noe, Alba Pérez, Alba Martínez, Ainhoa, Sara Piñeiro, Lara, Alba Suárez, Antía, Sara Iglesias e Vero. Tamén xogaron: Lida, Sofía, Ari, Mar e Miralles.

O próximo fin de semana, o Deportivo ABANCA B recibe en Ponte dos Brozos (Arteixo) ao Viajes Entrerrías Fútbol Feminino.

Os resultados ata a data do Deportivo ABANCA B son os seguintes:

Deportivo ABANCA B 2 (Alba Suárez e Vero) - Orzán 0
Valladares 1 - Deportivo ABANCA B 0