RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Deportivo retomou os adestramentos tras o día de descanso

O Deportivo volveu esta mañá aos adestramentos en Abegondo despois do día de descanso de onte martes.

Pepe Mel contou esta mañá cos fabrilistas Edu, Arnau e Óscar ao non dispor dos internacionais (Borges, Fayçal, Çolak e Kakuta) nin os tocados: Sidnei, que se adestrou no céspede co readaptador Fran Molano, Carles Gil, cos isquiotibiais cargados e Arribas, cunha contusión no nocello.

A sesión foi esixente, cun circuíto físico con finalizacións, un traballo de posesión e, para rematar, un partido en espazo reducido.

Mañá xoves, o equipo está citada de novo en Abegondo ás 10:30 h.