RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Fabril mantén, gañando en Majadahonda, a súa traxectoria ascendente

O Fabril logrou esta mañá ante o Rayo Majadahonda (0-1) a súa segunda vitoria ligueira consecutiva, que serve para consolidar a súa traxectoria ascendente na clasificación do grupo 1º da Segunda División B.

O partido decidiuse cun tanto do central madrileño Andújar en propia meta, aos 10 minutos de partido.

A partir de aí, o Fabril tirou de oficio e amarrou tres novos puntos que dan moita confianza ao equipo que dirixe Cristóbal Parralo.

Con este resultado, o filial suma 10 puntos e instálase no grupo de cabeza.

Fabril: Francis, Blas, Quique Fornos, One, Diego Caballo, Edu Expósito, Óscar Pinchi, Queijeiro, Uxío, Bicho e Borja Galán. Tamén xogaron: Gaizka, Martín Bengoa e Romay.

O próximo rival do Fabril en Abegondo será o Coruxo.

Os resultados ata a data do Fabril son os seguintes:

Fuenlabrada 1 - Fabril 2 (Uxío e Óscar)
Fabril 0 - San Sebastián de los Reyes 1
Racing de Ferrol 1 - Fabril 1 (Romay)
Fabril 3 (Borja Galán, Uxío e Óscar) - Real Madrid Castilla 0
Rayo Majadahonda 0 - Fabril 1 (Andújar en propia meta)