RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Infantil B empata un partido ante un Sporting Cambre que creou moitos problemas á contra

O Infantil B adiantou a hoxe mércores en Abegondo o seu partido da 3ª xornada da Primeira División Autonómica (grupo 1º) ante o Sporting Cambre. O motivo é a participación do conxunto deportivista desde este venres no Torneo Ciudad de Miranda, na citada localidade burgalesa.

O choque ligueiro acabou con empate (3-3). Dominou territorialmente o Infantil B pero o Sporting Cambre, con máis poderío físico, fixo dano á contra e chegou a ir con vantaxe de 1-3. Marco Baña, Javi Barral e Pablo Trigo foron os autores dos goles branquiazuis.

Con este resultado, o Infantil B suma 7 puntos de 9 posibles, na zona alta da clasificación.

Infantil B: Marcos, Diego, Rubén, Miguel, Zerfu, Estévez, Marco Baña, Álvaro, Óscar, Trigo e Barral. Tamén xogaron: Luis e Taibo.

O Atlético Coruña Montañeros B será o vindeiro rival do Infantil B nesta competición.

Os resultados do Infantil B ata a data en liga son os seguintes:

Infantil B 3 (Dani, Trigo e Diego) - Victoria B 2
Atlético Arteixo 0 - Infantil B 3 (Dani, Luis e Héctor)
Infantil B 3 (Marco Baña, Javi Barral e Pablo Trigo) - Sporting Cambre 3