RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Llano '2000' araña un punto ao Xuvenil A con un gol 'fantasma'

O Llano '2000' de Xixón, en practicamente a súa única chegada á área, rabuñou un punto (1-1) ao Xuvenil A en partido da terceira xornada da División de Honra disputada no campo xixonés Braña Sur. Ademais o gol foi polémico, porque tras pegar o balón no traveseiro, botou, a xuízo do árbitro, dentro da portaría.

Iago Parga anotou o único tanto branquiazul dun partido dominado polo Xuvenil A, que no entanto quedou sen o premio do triunfo.

Con este resultado, o conxunto deportivista suma 5 puntos de 9 posibles, e sitúase na zona media-alta da clasificación.

Xuvenil A: Ricardo, Carracedo, Jiménez, Mujaid, Iago Parga, Gandoy, Sito, Ortuño, Pedro, Mosquera e Boedo. Tamén xogaron: David, Sebas, Sandá e Joel.

O vindeiro sábado ás 17:00 horas, o Xuvenil A recibe en Abegondo ao Racing Villalbés.

Os resultados ata a data do equipo que prepara Rubén Coméndez foron os seguintes:

Xuvenil A 2 (Pedro e Sebas) - Racing de Santander 0
Oviedo 1 - Xuvenil A 1 (Boedo)
Llano '2000' 1 - Xuvenil A 1 (Iago Parga)