RCD / NOVAS

O primeiro equipo viaxa a Sevilla este venres e regresa ao finalizar o encontro no Benito Villamarín

12/09/2017 14:01

O Deportivo emprenderá viaxe a Sevilla este venres 15 de setembro pola tarde para medirse ao Betis o sábado 16 ás 18:30 horas (Bein LaLiga) no Benito Villamarín.

O regreso á Coruña será nada máis finalizar o partido fronte ao conxunto bético.

O plan de viaxe do Dépor é o seguinte:

Venres 15 de setembro
18:00: Saída do voo do Aeroporto da Coruña con destino ao Aeroporto de Sevilla
19:15: Chegada a Sevilla e traslado ao hotel NH Central Convencións

Sábado 16 de setembro
18:30: Betis - Deportivo, no Benito Villamarín
22:00: Saída do voo do Aeroporto de Sevilla con destino ao Aeroporto da Coruña
23:00: Chegada aproximada ao Aeroporto da Coruña