RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O RC Deportivo supera amplamente os 25.000 accionistas e os 10 millóns de capital social

O Real Club Deportivo pechou o pasado 31 de xaneiro a ampliación de capital aprobada pola Xunta Xeral Ordinaria e Extraordinaria de Accionistas do Club celebrada o 25 de novembro de 2014 e que se prolongou durante 25 meses.

Ao peche da mesma, o Club conta con 25.333 accionistas (2.479 deles novos), que incrementaron nun 31,4% o capital social da entidade. As achegas de 3.439 accionistas que xa o eran antes da ampliación, e dos case 2.500 que se sumaron á estrutura accionarial, supuxeron unha inxección total de capital de 2.461.035 euros.

Deste xeito, o capital social actual do Real Club Deportivo queda fixado nos 10.292.426 euros, fronte aos 7.831.391 ao comezo do proceso.

O Real Club Deportivo quere agradecer sinceramente a todos os accionistas que participaron na ampliación de capital a súa aposta por consolidar o modelo de multipropiedad popular do Dépor e facer patente o seu apoio ao Club neste momento de recuperación económica. Ademais quere dar unha especial benvida a todos os accionistas que se sumaron a este proxecto común e global que é o Deportivo.