RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O RC Deportivo únese aos deportes electrónicos (eSports). Buscamos xogadores para o #Dépor

Co comezo do novo ano, o Real Club Deportivo arrinca tamén un novo desafío, o de poñer en marcha os equipos que representen ao Club na puxante modalidade dos eSports -deportes electrónicos- e, máis concretamente, nas ligas do FIFA 17, unha competición posta en marcha pola VFO (Virtual Football Organization) e da que xa forman parte outros moitos clubs de LaLiga. A competición é unha modalidade online once contra once do xogo FIFA 17.

O primeiro paso para a posta en marcha é a procura e elección dos xogadores que formarían nos equipos en cada unha das plataformas nas que se compite: Play Station 4, Xbox e PC. Unha vez pechado o proceso de recepción de solicitudes, procederase á selección de xogadores e capitáns para que o Dépor conte nun futuro coa súa representación oficial na competición organizada pola VFO.

Todos os afeccionados interesados xogar no RC Deportivo poden inscribirse completando o seguinte formulario de inscrición antes das 23:59 h. do próximo domingo 22 de xaneiro de 2017: