RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Torneo Real Club Deportivo cumprirá a súa XIV edición o próximo 17 de maio con máis de 3.000 novos futbolistas

O Torneo Real Club Deportivo porase en marcha ás 09:00 horas do próximo mércores 17 de maio por décimo cuarto ano consecutivo, coa firme intención de converterse unha vez máis na gran festa do fútbol galego.

Un total de 81 clubs participarán no XIV Torneo Real Club Deportivo, que manterá o formato do pasado ano, cando por primeira vez superou a cifra de 200 equipos. Novamente serán un total de 206 conxuntos, con 94 en categoría Prebenxamín e 112 en categoría Benxamín.

Os partidos arrincarán ás 09:00 horas e estenderanse ata as 20:40, hora de inicio da final Benxamín, ao longo e ancho dos 16 terreos de xogo en que se divirán os campos de herba natural da Cidade Deportiva de Abegondo. Espérase que polas instalacións do RC Deportivo pasen máis de 10.000 persoas, que ademais de gozar dunha inesquecible xornada de fútbol terán á súa disposición unha ampla área de recreo e restauración, que ocupará boa parte do terreo de xogo de herba artificial.

Aquí podes descargar as bases do Torneo

Aquí podes consultar os horarios e campos de todos os partidos do Torneo