RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Xuvenil B inicia a liga con derrota inesperada en Boiro

O Xuvenil B arrancou a temporada na Liga Nacional cunha derrota (3-2) no campo de Vista Alegre de Boiro.

O partido foi de alternativas no xogo e no marcador; e decantouse ao lado local na segunda metade. César e Rojo foron os autores dos tantos branquiazuis.

Xuvenil B: Losada, Litos, Pedro, Álvaro, Pablo, Barbeito, Jorge, César, Rojo, Kilian e Pichu. Tamén xogaron: Antón, One, Julián, Bruno e Paulo.

A vindeira fin de semana, o conxunto deportivista recibe en Abegondo ao Ourense CF.