RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Os penaltis tomban ao Alevín B na Torre e en Maspalomas o Alevín A busca mañá un oco na final

O Alevín B caeu esta tarde nas semifinais a 26ª edición do Torneo Internacional Ciudad de La Coruña Trofeo Juan M. Iglesias Mato 'Palau' en categoría alevín.

Tras clasificarse como primeiro de grupo e eliminar ao Galicia de Mugardos (1-0) en cuartos de final, o conxunto deportivista perdeu (0-2) na quenda de penaltis da semifinal co Xuventude de Oroso, despois dun igualado encontro (0-0).

Con este torneo, o Alevín B puxo o punto e final á temporada.

No Torneo Internacional Ciudad de La Coruña que se xoga na cidade deportiva da Torre participan ademais outros dous equipos de #ANOSACANTEIRA: Cadete A mañá sábado e o Benxamín A, gañador onte xoves, co deportivista Jairo como mellor xogador.

Os resultados do Alevín B na competición foron os seguintes:

Venres 30 de xuño
Categoría alevín
Primeira Fase
ORILLAMAR C 0 - ALEVÍN B 4 (Lucas, Hugo, Álvaro e Dani)
ALEVÍN B 2 (Dani e Pablo) - GALICIA CARANZA 1
ALEVÍN B 2 (Pablo -2-) - IMPERÁTOR OAR 2

Cuartos de final
ALEVÍN B 1 (Dani) - GALICIA DE MUGARDOS 0

Semifinal
ALEVÍN B 0 - XUVENTUDE DE OROSO 0. 0-2 por penaltis.

Os resultados do Benxamín A onte xoves foron os seguintes:

Xoves 29 de xuño
Categoría benjamín
Primeira Fase
ORILLAMAR C 0 - BENXAMÍN A 5 (Jairo, Bruno -2-, Dani e Pablo Fernández)
BENXAMÍN A 4 (Erick, Pablo Fernández, Álex e Eli) - SPORTING CAMBRE 0
BENXAMÍN A 1 (Bruno) - EF LUIS CALVO 0

Cuartos de final
BENXAMÍN A 3 (Bruno, Eli e Jairo) - VICTORIA 1

Semifinais
BENXAMÍN A 1 (Jairo) - XUVENTUDE DE OROSO 0

Final
BENXAMÍN A 3 (Álex, Dani e Eli) - OLÍMPICO DE RUTIS 0

Sábado 1 de xullo
Categoría cadete
Primeira Fase
15:45: CADETE A - GALICIA CARANZA (campo 2)
16:30: CADETE A - VICTORIA (campo 2)

Os dous primeiros de grupo pasan a semifinais, que se xogan xa a continuación.

O Alevín A xa está en semifinais da Maspalomas Cup 2017

O Alevín A clasificouse para as semifinais da Maspalomas Cup 2017 tras superar hoxe en oitavos de final ao conxunto do Cerruda (5-0) e en cuartos de final ao Grancatek (1-0).

Mañá sábado ás 9:00 (hora local), o equipo de Veteranos del Pilar será o rival en semifinais.

O calendario de partidos do Alevín A, cos resultados dos partidos xa disputados, é o seguinte:

Primeira Fase
Martes 27 de xuño
ALEVÍN A 7 (Domínguez -4-, Noah, Diego e Javi) - LA LAGUNA 0

Mércores 28 de xuño
ALEVÍN A 1 (Manu) - HURACÁN 0

Xoves 29 de xuño
ALEVÍN A 5 (Domínguez -3- e Carlos -2-) - LA GARITA 0

Venres 30 de xuño
Oitavos de final
ALEVÍN A 5 (Mella -2-, Yago -2- e Sierra) - CERRUDA 0

Cuartos de final
ALEVÍN A 1 (Domínguez) - GRANCATEK 0

Sábado 1 de xullo
Semifinais
9:00: ALEVÍN A - VETERANOS DEL PILAR