RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Pepe Mel: "Temos marxe de mellora, moita marxe de mellora"

Pepe Mel recoñeceu na sala de prensa do Estadio Benito Villamarín, ao finalizar o partido ante o Betis, que "nos custou un pouco entrar no partido. Pero logo creo que fixemos as cousas ben, reaccionamos ben. Tivemos opcións de algo máis".

Subliña o técnico deportivista que "nos equivocamos nas tres ou catro contras que tivemos de superioridade numérica. Tivemos dúas clarísimas de cinco para tres, de catro para dous. Equivocámonos no último pase. O Betis tivo unha desas e fíxoo fenomenal".

Lamentouse do segundo gol verdibranco, ao cabo definitivo, que chegou "dun córner a favor nosa que no canto de mandar o balón a Carmona quixémola xogar".

Conclúe Pepe Mel que "a min o equipo non me desgustou. Ten cousas de mellora, de facer as cousas ben. Gustoume a participación de Celso, cousas boas de Valverde cando estivo, Fede Cartabia ben, Bakkali ben, Arribas que nos deu seguridade. Temos marxe de mellora, moita marxe de mellora. Creo que o imos a conseguir".