RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

SD Cristo de la Vitoria e RC Deportivo, campións do XIV Torneo Real Club Deportivo

A SD Cristo de la Victoria, en categoría Prebenxamín, e o RC Deportivo, en categoría Benxamín, proclamáronse campións do XIV Torneo Real Club Deportivo, a gran festa do fútbol galego que tivo lugar ao longo de todo o día de hoxe, mércores 17 de maio, Día das Letras Galegas, na Cidade Deportiva de Abegondo.

Máis de 3.000 novos futbolistas, pertencentes a un total de 81 clubs participaron no XIV Torneo Real Club Deportivo, que mantivo o formato do pasado ano, cando por primeira vez superouse a cifra de 200 equipos. Novamente foron un total de 206 conxuntos, con 94 en categoría Prebenxamín e 112 en categoría Benxamín, que disputaron centos de partidos durante máis de 12 horas.

A gran festa do fútbol galego arrincou ás 9:00 horas, cun partido en cada un dos 16 terreos de xogo en que se dividiron os campos de herba natural da Cidade Deportiva de Abegondo, e a primeira fase concluíu ao redor das 16:00 horas. Ás 16:30 comezaron as eliminatorias directas en categoría Benxamín, mentres que ás 16:55 fixérono os enfrontamentos en categoría Prebenxamín.

O debutante Cristo de la Victoria levou o triunfo na categoría Prebenxamín, tras imporse na final, disputada ás 20:00 horas, ao Ural A (6-2). O conxunto vigués adquiriu unha vantaxe definitiva no primeiro tempo. O Cristo de la Victoria adiantouse aos poucos minutos de comezar a final e ampliou a súa vantaxe mediado o primeiro período. No minuto 13, o Ural A recortou distancias pero na seguinte acción, o Cristo de la Victoria anotou o 3-1 e segundos máis tarde o 4-1.

Aos 5 minutos da segunda metade, o equipo coruñés volveu recortar distancias, anotando o 4-2. Os olívicos sentenciaron definitivamente a contenda no minuto 24, co 5-2, para pechar o marcador no minuto 27, co 6-2.

A final Benxamín, desenvolvida a partir das 20:40 horas baixo unha choiva que respectou a maior parte da xornada a pesar das negativas previsións, tivo como vencededor ao Benxamín A do RC Deportivo ante o Atlético Cuntis A (1-6). Os pupilos de Pablo Barros fóronse ao descanso cunha vantaxe de 0-4, grazas aos tantos de Álex (minuto 3) e Bruno (minutos 11, 12 e 15).

Nunha segunda parte con menos ocasións de gol, o Atlético Cuntis A anotou o tanto da honra cando o partido tocaba ao seu fin, por medio de Rubén (minuto 28). Con todo houbo tempo para ver dous goles máis. Erick anotaba o quinto tanto branquiazul e Álex pechaba a conta no último segundo.

Unha vez finalizada a fase de grupos, estes foron os resultados das eliminatorias directas en ambas as categorías:

PREBENXAMÍNS

PRIMEIRA ELIMINATORIA
Rayo Sadense A 1 - Torre 2
Cristo de la Victoria 3 - Compañía de María A 1
San Tirso A 2 - Porto de Burela 0
Victoria A 4 - As Pontes 0
Ural A 5 - Caldas 1
EDC Xinzo de Limia 0 - Calasanz A 2
Narón Freixo 1 - Xesuitinas 1 (2-0 por penaltis)
Atlético Castros 1 - Ural C 0
Rápido de Bouzas 1 - Lugo 2
Atlético Riveira 4 - Racing Villalbés A 1
Coruxo 4 - Laracha 1
Olímpico de Rutis A 2 - Betanzos 0

SEGUNDA ELIMINATORIA
Torre A 0 - Cristo de la Victoria 4
San Tirso A 0 - Victoria A 2
Ural A 3 - Calasanz A 1
Narón Freixo 3 - Atlético Castros 0
Lugo 2 - Atlético Riveira 1
Coruxo 3 - Olímpico de Rutis A 0

TERCEIRA ELIMINATORIA
Cristo de la Victoria 3 - Victoria A 2
Narón Freixo 1 - Lugo 0
Ural A 2 - Coruxo 1

SEMIFINAIS
Cristo de la Victoria 6 - Narón Freixo 1
Ural A 3 - Victoria A 1

FINAL
Cristo de la Victoria 6 - Ural A 2

BENXAMÍNS

PRIMEIRA ELIMINATORIA
Olímpico de Rutis A 1 - Cristo de la Victoria 2
Ural B 0 - Celta A 8
Sporting Coruñés A 1 - Imperátor C 2
Victoria A 1 - Conxo 0
BENXAMÍN B 2 - Narón Freixo 1
EF Luis Calvo 0 - Atlético Cuntis A 2
Obrero de Oleiros 1 - Numancia de Ares 3
Ciudad Jardín A 1 - UDSM Deiro 4
Erizana 4 - Órdenes 1
BENXAMÍN A 3 - Betanzos A 0
Atlético Coruña Montañeros 0 - Imperátor B 1
EF Viveiro A 0 - Celta B 0 (2-0 por penaltis)
Santa María del Mar 2 - Calasancio 2 (2-0 por penaltis)
As Pontes A 2 - Paiosaco H. Añón 3

SEGUNDA ELIMINATORIA
Cristo de la Victoria 1 - Celta A 1 (2-1 por penaltis)
Imperátor C 0 - Victoria A 2
BENXAMÍN B 1 - Atlético Cuntis A 2
UDSM Deiro 0 - Erizana 4
BENXAMÍN A 8 - Imperátor B 0
EF Viveiro A 0 - Santa María del Mar 1
Numancia de Ares 4 - Paiosaco H. Añón 1

TERCEIRA ELIMINATORIA
Cristo de la Victoria 2 - Victoria A 1
Atlético Cuntis A 3 - Santa María del Mar 0
Erizana 1 - Numancia de Ares 4
BENXAMÍN A 4 - Celta A 1

SEMIFINAIS
Cristo de la Victoria 0 - Atlético Cuntis A 3
Numancia de Ares 0 - BENXAMÍN A 2

FINAL
Atlético Cuntis A 1 - BENXAMÍN A 6