Semana copeira para o Deportivo ABANCA, coa primeira xornada da Copa Galicia
Coincidindo co primeiro parón ligueiro, o Deportivo ABANCA afronta unha semana copeira, co debut na primeira edición da Copa Galicia de fútbol feminino, competición na que participan todos os clubs galegos de Segunda División Nacional.
O rival na primeira xornada da Primeira Fase do grupo norte será o CPM Friol, o domingo 17 de setembro ás 16:30 en Ponte dos Brozos (Arteixo).
Manu Sánchez, que conta coa baixa segura de Teresa Abelleira durante boa parte da semana, planificou catro adestramentos, repartidos así:
Luns 11 de setembro Descanso
Martes 12 de setembro 20:30: Adestramento en Ponte dos Brozos (Arteixo)
Mércores 13 de setembro 20:30: Adestramento en Abegondo
Xoves 14 de setembro 20:30: Adestramento en Ponte dos Brozos (Arteixo)
Venres 15 de setembro 19:00: Adestramento en Abegondo
Sábado 16 de setembro Descanso
Domingo 17 de setembro 16:30: Deportivo ABANCA - CPM Friol, en Ponte dos Brozos (Arteixo)
Teresa Abelleira incorpórase hoxe á Selección Española Sub-19
Teresa Abelleira foi convocada pola Selección Española Sub-19 para dous partidos internacionais ante Italia, que terán lugar en Florencia. A centrocampista do Deportivo ABANCA incorpórase ao longo do día de hoxe á concentración do equipo nacional.
Os dous encontros están fixados para mañá martes 12 de setembro e o xoves 14 a partir das 17:30 horas no Coverciano Technical Center.
A xogadora deportivista proclamouse a temporada pasada subcampioa de Europa coa Selección Española Sub-17.