RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Superados os socios cos que se pechou toda a temporada pasada! Xa somos 26.592

O deportivismo continúa batendo marcas. O RC Deportivo superou, ao peche da OAD este mércores 6 de setembro, a cifra coa que se pechou a campaña de abonados o pasado 31 de maio (26.510 socios). A día de hoxe o Dépor conta con 26.592 con aínda 9 meses por diante de campaña aberta, o que sitúa estas cifras en niveis históricos.

Hai xusto un ano, o 6 de setembro de 2016, a OAD pechou as súas portas con 25.160 socios rexistrados.

Con toda a Temporada aínda por disputarse, con só o partido do Teresa Herrera e do Real Madrid xa consumidos, aínda é posible sumarse á xente mariñeira, na OAD, cuxo horario entre semana é de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas. Toda a información está na páxina abonos.rcdeportivo.es.