RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Un Xuvenil A máis preto da vitoria que o seu rival empatou en Oviedo

O Xuvenil A empatou (1-1) en Oviedo na segunda xornada da División de Honra, nun encontro que foi retransmitido en directo por Gol. Boedo foi ao autor do único tanto branquiazul nun choque no que o conxunto deportivista estivo quizais máis preto da vitoria que o seu rival.

Con este resultado, o Xuvenil A suma 4 puntos de 6 posibles, e sitúase na zona media-alta da clasificación da División de Honra.

Xuvenil A: Ricardo, Carracedo, Jiménez, Mujaid, Parga, Gandoy, Sito, Sandá, Pedro, Ortuño e Valín. Tamén xogaron: Sebas, Guillem, Boedo e Mosquera.

O sábado 16 de setembro ás 17:00 horas, o Xuvenil A xogará de novo lonxe de Abegondo. Será en Xixón ante o Llano 2000.

Os resultados ata a data do Xuvenil A foron os seguintes:

Xuvenil A 2 (Pedro e Sebas) - Racing de Santander 0
Oviedo 1 - Xuvenil A 1 (Boedo)