RCD / NOVAS

Xa están á venda as entradas para o Dépor-Alavés do 20 de setembro

12/09/2017 13:03

As entradas para o partido da 5ª xornada de LaLiga Santander no Estadio ABANCA-RIAZOR entre o Real Club Deportivo e o Deportivo Alavés xa están á venda.

O partido dispútase o mércores 20 de setembro a partir das 21:00 horas. Os prezos das entradas de público oscilan entre os 40 euros da Tribuna Superior e os 20 euros de Pavillón Superior.

Para adquirir estas localidades os afeccionados deben achegarse á Oficina de Atención ao Deportivista, que se atopa aberta de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas. O día do partido as entradas soamente estarán á venda nos despachos de billetes do Pazo dos Deportes de Riazor a partir das 11:00 horas.

As entradas de público tamén poden comprarse en liña aquí

Prezos das entradas de público para o Dépor-Alavés (mércores 20 de setembro, 21:00 horas):