RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Xa somos máis de 26.000 socios antes de finalizar agosto

O RC Deportivo superou, ao peche da OAD este martes 29 de agosto, a barreira dos 26.000 socios, alcanzando esta cifra antes de finalizar agosto por primeira vez no último lustro.

Coas altas producidas hoxe, o Deportivo alcanza os 26.029 abonados. Hai xustamente un ano, o 29 de agosto de 2016, o Club branquiazul tiña rexistrados 24.997 socios.

Se nos imos dous anos atrás, nesta mesma data do ano 2015, o Deportivo contaba con 24.164 socios. A 29 de agosto de 2014, o número de abonados era de 22.602. En 2013, fai exactamente catro anos, o Deportivo nin sequera alcanzaba os 20.000, pois contaba con 19.347 socios.

O RC Deportivo quere agradecer ao deportivismo a súa resposta e felicitarlle por tan enorme logro para celebrar ao grande a cuarta temporada consecutiva en Primeira División, un feito que se repetiu moi poucas veces na centenaria historia do Club.

Aínda é posible sumarse á xente mariñeira, na OAD, cuxo horario entre semana é de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas ou na páxina abonos.rcdeportivo.es/gl.