RCD / Política de cookies

Política de cookies

A páxina web www.rcdeportivo.es (en adiante, a “Web”), propiedade do REAL CLUB DEPORTIVO DE LA CORUÑA, S.A.D. (en adiante, o “RC Deportivo”), utiliza cookies propias e de terceiros para facilitar a relación dos usuarios da Web (en adiante, os “Usuarios” ou o “Usuario”) co contido da mesma e para solicitar información acerca do uso da Web.

Así, en cumprimento da Directiva 2009/136/CE, do Parlamento Europeo e do Consello, do 25 de novembro de 2009, desenvolvida no ordenamento español polo apartado segundo do artigo 22 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos de Sociedade da Información (en adiante, “LSSI”), seguindo as directrices da Axencia Española de Protección de Datos, na presente Política de Cookies infórmase, de maneira detallada, ao Usuario sobre o uso que a Web realiza das cookies.

QUE É UNHA COOKIE E QUE TIPOS HAI?

Unha cookie é un pequeno arquivo de información que se garda, de maneira imperceptible, no computador/smartphone/tablet ou outro dispositivo desde o que se acceda á Web para almacenar e recuperar información sobre as preferencias de navegación que efectúa un Usuario desde o devandito equipo.

Así, cada vez que o Usuario volta a acceder á Web estes arquivos actívanse de maneira automática configurando a Web coas preferencias sinaladas polo Usuario nas súas anteriores visitas. A Web do RC Deportivo utiliza diversos tipos de cookies unicamente coa finalidade de mellorar a experiencia de navegación do Usuario.

En ningún caso as cookies almacenan datos persoais do Usuario nin permiten o acceso ao contido do dispositivo ou equipo en que se gardan, pois a súa finalidade é lembrar as visitas previas dos Usuarios e as súas preferencias de navegación, sen identificalo persoalmente.

1. Cookies segundo a entidade que as xestiona: Segundo a entidade que xestione o equipo ou dominio desde onde se envían as cookies e trate os datos que se obteñan, podemos distinguir:

Cookies propias: Son aquelas que se envían ao equipo ou dispositivo do usuario desde un equipo ou dominio xestionado polo propio editor e desde o que se presta o servizo solicitado polo usuario.

Cookies de terceiros: Son aquelas que se envían ao equipo ou dispositivo do usuario desde un equipo ou dominio que non é xestionado polo editor, senón por outra entidade que trata os datos obtidos a través das cookies.

Non se entenderán como cookies propias aquelas que sexan instaladas desde un equipo ou dominio xestionado polo propio editor cando a información que se recompile mediante ditas cookies sexa xestionada por un terceiro.

2. Cookies segundo a finalidade:

Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico ou a comunicación de datos.

Cookies de personalización: Son aquelas que permiten ao usuario acceder con algunhas características xa predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario, por exemplo o idioma, o tipo de navegador a través do cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

Cookies de análise: Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios dos devanditos sitios.

Cookies publicitarias: Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma desde a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

Cookies de publicidade comportamental: Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma desde a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o que permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade personalizada en función do mesmo.

3. Cookies segundo o seu tempo de activación

Cookies de sesión: Son aquelas cookies que solicitan e almacenan datos en canto o usuario accede a unha páxina web. Adóitanse empregar para almacenar información que só interesa conservar para a prestación do servizo solicitado polo usuario nunha soa ocasión.

Cookies persistentes: Son aquelas cookies que almacenan os datos no dispositivo durante un período definido polo responsable da cookie, e que pode ir duns minutos a varios anos.

COMO SE PODEN XESTIONAR AS COOKIES?

O Usuario pode xestionar o comportamento do seu dispositivo ou equipo ante as cookies mediante a configuración das opcións dos navegadores polos cales accede ao Site.

Dado que cada navegador establece procedementos diferentes para xestionar as cookies, recoméndase que acudan á función “Axuda” de cada navegador, onde se lle exporán os pasos para seguir.

Advírtese que no caso de que o Usuario decida non aceptar certas cookies utilizadas pola Web, iso pode provocar a imposibilidade de utilizar certas funcionalidades ou servizos.