RCD / RCDEPORTIVO / DATOS / LEI DE TRANSPARENCIA

LEI DE TRANSPARENCIA

Con motivo da publicación e entrada en vigor da Lei 19/2013 do 9 de decembro de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, o Real Club Deportivo de La Coruña SAD, expón a seguinte información como continuidade da súa política de comunicación aberta.

1. INFORMACIÓN INSTITUCIONAL,  ORGANIZATIVA E DE PLANIFICACIÓN

Información Institucional

O Real Club Deportivo de La Coruña SAD é un Club de fútbol fundado na cidade da Coruña no ano 1906 e que ao longo da súa xa centenaria historia logrou, como fitos máis destacados, un Campionato de Liga de Primeira División (2000), dúas Copas de España – Copa de SM O Rei (1995 e 2002) e tres Supercopas de España (1995, 2000 e 2002)

O Real Club Deportivo de La Coruña SAD ten como fin social:

1.- A participación en competicións deportivas de carácter profesional da modalidade deportiva de futbol.

2.- A promoción e desenvolvemento de actividades deportivas dunha ou varias modalidades deportivas.

3.- A explotación e comercialización de espectáculos deportivos, produtos e dereitos de todo tipo vinculados a, ou relacionados coa modalidade deportiva, o equipo profesional e os medios do equipo.

Todas estas modalidades poderán ser desenvolvidas, total ou parcialmente, a través de Sociedades filiais en que a Sociedade ostente a titularidade de accións ou calquera tipo de participación e que teñan obxecto social idéntico ou análogo.

Información Organizativa

Presidente:

Constantino Fernández Pico

presidencia@rcdeportivo.es

Consello de administración:

Enrique Calvete Pérez (secretario do Consello)

Juan José Jaén Rodríguez

Martín Pita López

Daniel Ramos Lobón

Fernando Vidal Raposo

protocolo@rcdeportivo.es

Dirección corporativa:

José González-Dans Vázquez

Dirección deportiva:

Ricardo Barral Iglesias 

Xerente de operacións:

Pablo Pereiro González

Dirección de fútbol formativo:

Alberto Gil Gálvez

Dirección de comunicación:

Gabriel Barrós Blanco

comunicacion@rcdeportivo.es

Dirección comercial:

Ignacio Martínez Dopico

comercial@rcdeportivo.es

Dirección de seguridad:

Pablo Martín Reyes

seguridad@rcdeportivo.es

Dirección social:

Gelines Romero Díaz

responsabilidadsocial@rcdeportivo.es

Asesoría jurídica:

Óscar Rama Penas

legal@rcdeportivo.es

Normativa aplicable

Como club de Fútbol, o Real Club Deportivo da Coruña SAD está sometido ás seguintes disposicións e normativas:

  • Lei 10/1990, do 15 de outubro, do Deporte -estatal-.
  • Lei 3/2012, do 2 de abril, do Deporte de Galicia.
  • Real Decreto 177/1981, do 16 de xaneiro.
  • Real Decreto 1251/1999, do 16 de xullo sobre Sociedades Anónimas Deportivas.
  • Real Decreto Lexislativo 1/2010, do 2 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Sociedades de Capital.
  • Normativa propia da Real Federación Española de Fútbol.
  • Normativa propia da liga de Fútbol Profesional.
  • Lei 19/2007 do 11 de xullo, contra a violencia, o racismo, a xenofobia e a intolerancia no deporte, e no Real Decreto 203/2010, do 26 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de prevención da violencia, o racismo, a xenofobia e a intolerancia no deporte.
  • Restante normativa aplicable a un Club/SAD profesional (Estatutos, Regulamento Xeral e Código Disciplinario da RFEF, Estatutos Sociais, Regulamento Xeral e Normas para a elaboración de orzamentos da LFP)
  • Estatutos Sociais do Real Club Deportivo da Coruña SAD.
  • Regulamentos internos do Real Club Deportivo da Coruña SAD.


Normativa específica aplicable sobre comportamentos, prevención contra a violencia e intolerancia no deporte:

INFORMACIÓN ECONÓMICA, ORZAMENTARIA E ESTATÍSTICA

Contratos coas Administracións

Acordo Singular subscrito coa Axencia Estatal de Administración Tributaria para o refinanciamento e pagamento da débeda concursal de carácter privilexiado, asinado con data de 7 de marzo de 2014.

Concesións coas Administracións Públicas

  1. Concesión administrativa das Instalacións Municipais correspondentes ao Estadio de Riazor asinado o 7 de agosto de 2000 polo cal se ceden o uso das referidas instalacións até o día 7 de agosto de 2025.

Subvencións coas Administracións Públicas

  1. Subvención concedida pola Secretaría Xeral para ou Deporte do ano 2014 por importe de 6.216,65 euros con cargo á partida "subvención a clubs, sociedades anónimas deportivas e agrupacións deportivas escolares de Galicia”.
  2. Programa Re-acciona, servizo de implementación de control de xestión por procesos. Cofinanciado pola Unión Europea - Programa Operativo FEDER-Galicia

Presuposto da Temporada: presuposto da Temporada 2015-2016 aprobado en Xunta de Accionistas o 1 de decembro de 2016

Contas Anuais e Informe de Auditoría: Contas anuais e Informe de Auditoría aprobados en Xunta de Accionistas o 1 de decembro de 2016

  • Data de depósito no Rexistro Mercantil das últimas Contas Anuais do Club o 12 de maio de 2015

    · Data de entrega ao Consello Superior de Deportes (CSD) das últimas Contas Anuais o 30 de outubro de 2016

    · Data de envío á Liga de Fútbol Profesional (LFP) das Contas anuais e restante información económico-financeira de obrigado envío o30 de outubro de 2016

Retribución dos Altos Cargos e Máximos Responsables

Desde o 22 de xaneiro de 2014, ningún membro do Consello de Administración percibe retribución económica algunha.

A Sociedade Anónima Deportiva suscribiu contratos de alta dirección cos máximos responsables da Dirección Deportiva.

Estatutos Sociais

Estatutos sociais do Real Club Deportivo de La Coruña SAD actualizados ao 30 de outubro de 2014

Código Ético

O REAL CLUB DEPORTIVO DE LA CORUÑA, S.A.D., no exercicio das súas responsabilidades e en congruencia cos seus valores e cultura de cumprimento, e prevención de incidencias, de fraude, condutas irregulares e/ou delitos, desenvolveu un sistema de cumprimento formado por un manual de cumprimento que inclúe o compromiso do Consello de Administración co sistema e a política do Club, os procesos necesarios para a súa correcta implementación e as políticas internas desenvolvidas como puntos de control específicos para a prevención dos riscos de cumprimento.

Se detecta unha conduta irregular, incidencia de fraude e/ou delito, comuníqueo a través da  Caixa de Correos Anónima habilitada polo Club, garantindo a confidencialidade e o anonimato da identidade das persoas que fagan uso desta canle, onde o Club prohibe calquera tipo de represalia, tomando todas as medidas necesarias para protexer a aqueles membros da organización ou terceiros que realicen comunicacións de boa fe e, sobre a base de indicios razoables ou, no seu caso, no correo electrónico canal.etico@rcdeportivo.es

Código Ético RC Deportivo

Reglamento Interno

Reglamento interno del recinto deportivo

Transparencia Internacional

Indicadores INFUT 2015

Indicadores INFUT 2016