RCD / RCDEPORTIVO / PROTAGONISTAS / XOGADORES DE LENDA

Xogadores de lenda

Nos seus máis de cen anos de vida, o RC Deportivo viu pasar polas súas filas a máis dun milleiro de futbolistas. Con todo, só uns poucos alcanzaron a excelencia a través da súa fidelidade ás cores. Son as lendas do deportivismo, aqueles que dedicaron toda ou a maior parte da súa carreira deportiva ao noso Club.

É hábito en Inglaterra, o berce do fútbol, a celebración dos 'testimonial match', en honra aos xogadores que militan dez temporadas nun mesmo Club. Unha maneira especial de premiar o seu esforzo e a súa lealdade. É por iso que o Club quixo recoñecer a todos aqueles deportivistas que cumpren ese requisito, ademais de aos máximos goleadores da súa Historia, os que marcaron máis de 100 tantos en partidos oficiais.

Tamén nesa mesma liña son recoñecidos os vencedores do trofeo "Pichichi", tanto en Primeira como en Segunda División, así como do trofeo "Zamora", igualmente en ambas as categorías, e os futbolistas coruñeses que vestiron algún día de branquiazul e chegaron a ser internacionais absolutos con España.

ANGELITO
O primeiro deportivista que xogou polo menos un partido durante dez temporadas seguidas, comezou xogando de dianteiro centro e acabou facéndoo de defensa, e entre medias viviu desde dentro a ev...
CHACHO
Coruñés da Costa de San Agustín, xogou no Varela Silvari antes de chegar ao RC Deportivo, co que debutou con só 18 anos e ao que defendeu en diferentes etapas. Foi tre...
REBOREDO
A pesar de que só disputou 81 partidos en Primeira, o incansable centrocampista nado en Arxentina mais criado na Coruña militou durante doce temporadas no RC Deportivo, formando par...
PEDRITO
Defensa coruñés de Monelos, comezou no Oza pero militou toda a súa carreira profesional, coa paréntese da Guerra Civil, no RC Deportivo. Alcanzou a internacionalidade absol...
GUIMERÁNS
Autor do gol do primeiro ascenso a Primeira, en 1941, defendeu a zamarra do RC Deportivo ao longo de toda aquela década, ata o subcampeonato de Liga de 1950, alcanzando os 280 partidos, cifra e...
JUAN ACUÑA
"Xanetas" nunca abandonou o RC Deportivo a pesar dos cantos de sirena de Madrid. Dezaseis temporadas nas filas branquiazuis e nada menos que catro veces porteiro menos goleado de Primeira. Con 231 par...
CHAO
Compoñente do equipo que, en 1941, logrou o primeiro ascenso a Primeira e da formación que disputou o primeiro partido do RC Deportivo na máxima categoría. Durante dez temp...
CARLITOS
Dez temporadas prestou os seus servizos no RC Deportivo despois de formarse no Fábrica de Armas ás ordes de Don Rodrigo García Vizoso. No seu currículo figuran dous ascenso...
PONTE
Compoñente dunha das liñas defensivas máis míticas do RC Deportivo, a do equipo que alcanzou o primeiro subcampeonato de Liga en 1950, disputou nada menos que 231 partidos ...
CHECHÉ MARTÍN
Emigrado a Arxentina en 1937 despois de dar as súas primeiras patadas no Recheo de San Diego e no campo da Estrada, regresou desde Francia en 1948 para xogar dúas campañas no RC D...
OTERO
Sucesor natural de Acuña, co que compartiu varias temporadas no RC Deportivo, fíxose coa titularidade na campaña 1953-1954 e alzouse co trofeo "Zamora" de Primeira División...
LUIS SUÁREZ
Coruñés de Monte Alto, o seu primeiro equipo foi o Perseverancia. A súa irrupción no RC Deportivo fíxolle recalar xa moi novo no Barcelona. Alí foi elixido "B...
AMANCIO
Coruñés da rúa Vizcaya, formado no Victoria, explotou no RC Deportivo, co que asinou 69 goles en catro tempadas e foi "pichichi" de Segunda, antes de fichar polo Real Madrid e pro...
VELOSO
Terceiro artilleiro histórico do RC Deportivo, con 106 goles ao longo de sete campañas, foi o primeiro "pichichi" branquiazul, ao proclamarse máximo goleador da Segunda Divisi&oac...
DOMÍNGUEZ
Un dos indiscutibles durante a época do RC Deportivo "ascensor", viviu catro descensos e cinco ascensos como líder da defensa branquiazul, case sempre no lateral esquerdo, ao longo de on...
LOUREDA
Formado, do mesmo xeito que Juan Acuña, no Sporting Coruñés, foi un dos grandes símbolos do RC Deportivo "ascensor". Disputou máis de 300 partidos coa elástic...
MANOLETE
Coruñés da rúa da Torre, xogou no Perseverancia, continuou no Deportivo Ciudad, pasou ao Fabril e chegou ao RC Deportivo, co que xogou cerca de 250 encontros. Disputou d...
ALFONSO CASTRO
Máximo anotador de Segunda División na Temporada 1977-1978, sendo futbolista do RC Deportivo. De branquiazul pasou por Segunda, Segunda B e Terceira, anotando un total de 93 goles que ll...
PIÑA
Máis de 300 partidos en dez campañas co primeiro equipo do RC Deportivo, defendeu a camisola branquiazul en Segunda, Segunda B e Terceira, quedando ás portas de facelo en Primeira...
BALLESTA
Máis de 250 partidos en once temporadas co primeiro equipo do RC Deportivo, o defensa de San Pedro de Nós é un dos poucos futbolistas que defendeu a camiseta branquiazul en tres c...
PANCHO GARCÍA
330 partidos oficiais e medio centenar de goles en dez temporadas, foi capitán e líder do RC Deportivo durante boa parte da "longa noite de pedra" dos anos 70 e 80. O seu cambio de ritmo...
TRABA
Segundo máximo goleador da historia do RC Deportivo, con 108 dianas, militou durante doce temporadas no conxunto branquiazul, nas que disputou máis de 250 partidos, compartindo ataque pr...
JORGE
Porteiro da casa durante tres lustros, defendeu o marco do RC Deportivo en 323 partidos, sendo as súas máis memorables actuacións en diversas quendas de penaltis, a s&ua...
JOSÉ LUIS
Nun feito sen precedentes no fútbol español, foi "Pichichi" de Segunda División sen ser dianteiro, con 16 goles, na Temporada 1982-1983, a campaña na que o RC Deportivo que...
JOSÉ RAMÓN
O maior dos irmáns González Pérez levantou o primeiro título oficial do RC Deportivo, a Copa do Rei de 1995. Militou no conxunto branquiazul durante dez campañas, en...
FRAN
O xogador que máis partidos oficiais disputou coa camisola deportivista (700) e un dos tres que gañou os seis títulos oficiais que ten o RC Deportivo na súa vitrinas. ...
LIAÑO
Con dous trofeos "Zamora" consecutivos nas súas vitrinas, nas Temporadas 1992-1993 e 1993-1994, o gardameta cántabro foi o exemplo das tremendas virtudes defensivas do RC Deportivo ...
BEBETO
Con 86 dianas é o máximo goleador do RC Deportivo en Primeira División. Autor do primeiro tanto do Club en Europa e primeiro "pichichi" branquiazul na máxima categorí...
MAURO SILVA
Terceiro xogador con máis partidos oficiais co RC Deportivo ás súas costas, con 458, e un dos tres que gañou os seis títulos oficiais que ten o Club nas s&uacut...
DONATO
Dez campañas disputou o hispano-brasileiro coa elástica branquiazul. O autor do gol que abriu o camiño do triunfo no partido do título de Liga é o quinto futbolista ...
SONGO'O
O porteiro camerunés levou o trofeo "Zamora" na Temporada 1996-1997 na primeira das súas seis campañas no RC Deportivo, en que disputou un total de 180 partidos coa elá...
MANUEL PABLO
Ninguén defendeu a elástica do RC Deportivo durante máis temporadas que el: 18. O número "2" da súa camisola tamén é o número 2 na clasificaci&o...
MAKAAY
Máximo goleador de Primeira, sendo futbolista do Dépor, na Temporada 2002-2003, o que lle valeu a "Bota de Ouro" ao maior artilleiro do fútbol europeo. O dianteiro holandés...
TRISTÁN
Máximo goleador da historia do RC Deportivo, con 110 tantos, é tamén o principal artilleiro tanto na Liga de Campións (15) como na suma de todas as competicións euro...
VALERÓN
O "mago de Arguineguín" deleitou ao público de Riazor durante trece temporadas. Un dos catro futbolistas que superou os 400 partidos co RC Deportivo (422) a pesar de sufrir dúas g...