RESPONSABILIDADE SOCIAL CORPORATIVA (RSC)

Para o Real Club Deportivo, a responsabilidade social é o compromiso consciente, continuo e voluntario que ten como organización para xestionar o impacto que producen as súas accións e a súa actividade no ámbito do bo goberno, económico, social e ambiental. En definitiva, contribuír desde a transparencia, con comportamentos que xeren valor sobre os distintos grupos de interese.

A Responsabilidade Social e/ou o chamado 'Fair Play' Social, converteuse en parte do ADN do Club e na nosa filosofía, ademais dun elemento estratéxico no noso modelo de negocio, considerándoa en todos os nosos procesos de decisión.

O compromiso do Club coa sustentabilidade conduciu á creación, ao fin da Temporada 2015-2016, do departamento de Responsabilidade Social Corporativa (responsabilidadsocial@rcdeportivo.es), así como da publicación da I Memoria de Sustentabilidade baseada nos principios e indicadores do Global Reporting Iniciative (GRI 4) co fin de dar a coñecer a todos os grupos de interese quen somos, que facemos e en que cremos.

Ámbitos da Responsabilidade Social e/ou 'Fair Play' Social no RC Deportivo

1. Bo goberno e transparencia

  • Código Ético
  • Memoria Sustentabilidade
  • Cumprimento Normativo
  • Transparencia

2. Desempeño Económico

  • Contas Anuais
  • Contas consolidadas
  • Orzamento Anual

3. Desempeño Social

  • #ANOSAFORZA
  • Compromiso coa comunidade: actos e iniciativas sociais, apoio e colaboración con institucións benéficas, doazóns, bancada solidaria...
  • Compromiso coas xeracións futuras: Área de Fútbol Formativo, Dépor Campus, Os Nosos Valores, Torneo RC Deportivo
  • Compromiso coa igualdade: Fútbol Feminino
  • Compromiso cos profesionais
  • Seguridade e Saúde
  • Patrimonio Histórico do Club

4. Desempeño Ambiental

  • Minimizar impactos ambientais e preservación de medioambiente