RCD / RCDEPORTIVO / SECCIÓNS / RUGBY

RUGBY: UN PARTIDO, SÓ UN, PERO PARA A POSTERIDADE

O RC Deportivo forma un equipo de rugby para disputar o primeiro partido deste deporte na cidade en 31 anos. Non se rexistra actividade rugbística na Coruña desde 1911, cando membros dos buques Liverpool e Gloucester, fondeados no porto herculino, disputan o primeiro partido do deporte do balón oval en chan coruñés.

Os branquiazuis montan un conxunto que se mide ao SEU (Sindicato Español Universitario) de León, partido cuxa recadación é destinada aos clubs modestos de fútbol da cidade. O conxunto leonés imponse por 9-0, mercé a tres ensaios. O RC Deportivo forma co seguinte XV: Pérez - Seguí, Gubert, Pol, Fabra - Tello, Tortosa - Fernández, Novell, Arizmendi - Font, Calders - Carreira, Ibáñez e Masjuán.

A sección non tivo percorrido máis aló aquel 28 de xuño de 1942 no que o equipo leonés levou unha copa doada polo atleta e adestrador do equipo de fútbol deportivista, Celso Mariño. O partido disputouse no Parque de Riazor e, iso si, foi o primeiro xogado por 'rugbiers' autóctonos en territorio herculino.